domingo, 7 de diciembre de 2008

Foto-poemas.





Destaco aquí algún dos poemas máis significativos de autores da zona xunto con algún de creación propia. Acompáñoos dalgunha estampa luzariña ou courelá como complemento aos versos.





Atravesando Aira Padrón

a calquera hora

vense fanegas e fanegas de xesteiras

e uceiros e carrascos

esparxidas ó longo das serras avesías

e vese tamén a Lóuzara Xabreira

-¡aló

embaixo!-

afondada nun sartego verde

verde

verde

¡triste color da Espranza

a enfeitar a tomba dunha patria

en desamparo!

"Arreda, follaxe verde,

deixa crarexar o sol.

Estamos soios no monte,

non vemos xente nin dios!".



(Fiz Vergara Vilariño)



Se viñeras a min, muller amiga,

cunca de mosto ou doce viño novo,

deixaría eu de ser un home lobo

oculto nun trigueiro sen espiga.

Se viñeras a min cunha cantiga,

forxada nas raigames deste pobo,

eu sería feliz zugando un trobo

rebordante de mel e seiva antiga.

Se viñeras a min polo avesedo

dunha norteira fraga de veludo,

o viño meu xa non sería acedo.

Nin acedo sería o tempo rudo,

pois farías da miña vida un ledo

paraíso de amor no vento mudo.



(Fiz Vergara Vilariño)





Non deixes que a tardiña me sorprenda

sen coñecerte nin te ter amado

á beira deste río acortellado

entre tesos de amor, cheos de lenda.

Non prénda-lo corcel, sóltalle a renda,

pra que emprenda o galope liberado

camiño deste val amurallado,

contigo á canchaperna, miña prenda.

Non deixes que o solpor se me esmoreza

entre mans ateigadas de semente,

e me cubra de orballo lentamente.

Non permitas que a morte me estremeza

inantes de senti-la túa beleza

tendida xunto a min e non ausente.



(Fiz Vergara Vilariño)



RÍO



¡Río da miña infancia, cobra de auga

escoando lixeira vagoada

abaixo!

Moitas veces (de mociño)

puxen sobre as túas ondas correntías

o mesmo S.O.S. metido na botella.

Logo fiquei na orela

agardando en silencio,

ollándome no espello dos teus claros

relanzos.

Todo foi en van, compañeiro:

¡ela inda non chegou a miña carón!



(Fiz Vergara Vilariño)



MUÍÑO



Fálame ti, vello muíño,

meu bon albeiro proletario,

cobillo de amores á beira da fonte...

Dime se a miña saudade pode medirse en celamís,

ou se cómpren, tal vez, ferrados enteiros,

ou se, polo contrario, se necesitan fanegas ás picaroladas.

Fálame e moe (ó mesmo tempo) as miñas desventuras

ata trocalas nunha cousa útil e de proveito.

Fálame e rilla as miñas coitas de vagar,

convérteas en fariña de primeira,

para que vaian dereitas ás artesas campesiñas.

¡Que non hai maior bremanza, compañeiro,

ca vivir en soidade mesta,

(como eu vivo hoxe),

ca amar a unha muller pérfida,

(como eu amei onte),

ca sufrir tormento e martirio,

(como eu sufro decote).



(Fiz Vergara Vilariño)



GALO MUDO

¡Cativo favor lle debes a Deus, galo meu,

triste pito cairo en desgracia,

avexoto infeliz que nunca poderás

anuncia-lo mencer agardado!

...................................................................

Dende a miña fiestra véxote rebulir no curro.

As pitas lizgairas, os parrulos fachendosos,

ousan poñerse a cabalo no teu carrelo,

e petéirante sen compaixón,

e eu chego a sentir mágoa de ti,

pobre criatura, inocente víctima da man divina.

Queres cantar, énche-lo fol do pescozo,

e nun tris xorde dos teus ollos

un groso salouco, unha bágoa de tristura

e desamparo.

Os galos galeadores,

os xigantescos galos de pelexa,

divírtense, rinse á gargallada,

cando intentas erguer un kikiriquí ó vento,

e entón ti choras resignado, choras caladamente,

galexo maldito, vergoña do galiñeiro.

¿Que falcatruada fixeches dentro do ovo

para condenarte ó silencio tan cediño,

inantes de cumpli-las túas obrigas de galo barudo?

Á caída do solpor encamíñaste ó poleiro

e alí póusaste no garabullo máis illado,

e inantes de vir Pedro Chosco a visitarte

rezas en voz baixa, rezas agradecido,

e eu abofellas non comprendo como te atreves

a tanto.



(Fiz Vergara Vilariño)

sábado, 6 de diciembre de 2008


RECUNCHO DA LITERATURA ORAL






Falar de Literatura oral supón falar de pequenas historias que corren entre o pobo e que configuran a nosa Historia. É falar da cultura que vive e se renova en boca da xente de xeración en xeración, de persoas anónimas nos manuais de literatura que combinan as súas tarefas domésticas con esta importante contribución ó noso patrimonio cultural, á nosa xenuína identidade como pobo galego.






Traemos aquí unha cativa mostra do rico patrimonio que noutrora había en Bustofrío. Mantemos as características propias do galego falado na área oriental aínda que eliminamos os castelanismos, agás naquelas composicións feitas integramente en castelán.




1-COPLAS.
O gran número de cantigas presentes no noso traballo pon de manifesto a riqueza que este xénero, destinado a ser cantado, tivo noutra época. Atopámonos con moitas cántigas tanto en galego coma en castelán, polo que foi preciso facer unha selección optando por aquelas que consideramos máis significativas e menos coñecidas.




Eu pedinlle a unha nena
na porteleira dun prado,
respondeume a picarona
que estaba o campo mollado.







Eu pedinlle a unha nena
na raíz dunha carqueixa,
eu pedinlle e ela deumo,
daquela non teño queixa.












Maruxiña da Fornela,
cuando cozas faime un bolo;
se mo fais faimo de trigo
que de millo non cho como.






A Maruxiña do tervelladoiro
a súa mai morreulle o bailoiro,
agora tu tirarás polo carro,
filla de cágalle un boi no arado.












Chamácheme pera verde
e eu a ti mazá podrida;
a pera verde cómese,
a mazá podre tírase.












Aquela vella
que vai polo muro
trémballe o cu
coma un figo maduro;
vella do demo
teilo cu quedo
cando era nova
rachou polo medo.


Neste lugarciño, madre
mozos non hai máis ca tres:
un é torto e outro cego
e outro mira do revés.







ANTONINA CAMPO OLMO









2-ROMANCES.







Un dos xéneros de maior presencia cuantitativa e cualitativa é o romance. Xunto a coñecidos romances coma os Reis temos composicións propias de autores deBustofrío, tal é o caso do que presentamos a continuación, obra de BAUTISTA CAMPO CELEIRO, ou o que el nos transmitiu como orixinal de JOSÉ AIRA POMBO O misterioso e estraño animal.

1. Cacería frustrada.







Voulles a contar señores
e dígoo con muito recelo,
o que lles pasou ós cazadores
de Viladocastro, Bustofrío e Praducelo.
Istes famosos cazadores
acordaron ir á caza dos xabarís.
Fóronse xuntar ó pueblo de Praducelo
unha mañá de neve e xeada
e tamén facía un frío que pelaba.
Unha cacería ben organizada
e con bastante control;
en compañía de iles
tamén ían dous cazadores de Ferrol.
Xuntáronse no pueblo de Praducelo
e de alí foron paso a paso
con direción onde lle din
Os Currais e o monte de Tralo Golado.
Cuando chegaron á Lama Do Couso
fixeron unha pousa
porque todos iban cansados,
Eilí acordaron entre todos,
e esto dígoo sin arela,
de enviar un telegrama
aos cazadores de Portela.
Alí soltaron a perraxe que levaban
e cada un ao seu puesto.
O primeiro xabarín que saíu
saíulle nunha escampada
ao Jaime do Campo de Praducelo.
Jaime é un cazador de fama,
e de bastante energía.
Tan feo lle pareceu
pousou a escopeta
e sacoulle unha fotografía.
O José de Díaz,
que cerca estaba,
é un señor de política
e tamén de pelo rizo.
Estaba ocupado naquil momento
comendo unha regoxa de pan
e mais un chourizo.
Porque o Díaz se tarda
o xabarín en saír
ou come ou dorme.
Cazadores de Portela,
cazadores de muita fama,
cando viron os xabarís
co medo que levaron
subíronse ao teito dunha cabana.
O caso máis chistoso
pasoulle ao Pepiño de Barreiro,
como facía tanto frío
pousou a escopeta
e meteu as maus nos bolsillos;
preséntaselle un xabarín de diante
e co medo que levou
din que manchou
as cirigolas e mailos calzoncillos.
O máis acordado diles
foi o Antonio de Celeiro:
é un cazador afeccionado
e de bastante calma;
como os xabarís escaparon
volveuse para a casa
e foise meter
onde a muller á cama.
E nisto di Luciano de Ferrol:
-Vámonos pra casa fillo,
que se desta salgo y no muero
non che volveremos cazar
aos montes de Praducelo!
A cacería fallou
entre espadas e copas,
os xabarís escaparon
e o fiado volveuse estopas.
Eu inda que son vello
inda canto e haxe frío;
se queredes saber quen son
son Bautista de Bustofrío.























BAUTISTA CAMPO CELEIRO






2. Pretensión fallida.






Cando eu era rapaz
tiña doce anos cumpridos;
fun ver unha rapaza guapa
filla de Xan dos Despidos.
Eu levaba un pau tan largo
coma un estadullo dun carro,
cunhas zocas de chinela
fumando nun gran cigarro.
Entrein, dein as boas noites,
e saíu o can mui apurado,
rasgoume o calzón de estrena
e mais tiroume deitado.
Levantouse o vello da casa:
-Atrás can, ¡ouh condenado!
quíxolle dar unha patada
deuma a min nas espaldas
que me deixou derreado.
E di a vella da casa:
-Éche bon milagro, home,
que este can é escollido
e carne fea non a come.
A rapaza non estaba na casa,
dis que ía nun viaxiño
e saín para esperala
no pendello dun veciño.
E nisto veu outro can máis feo,
igual ca unha cobra, ca un sapo,
arrastroume polo chau
igual ca se fora un trapo.
Como o can ladraba tanto
saen todos os veciños
con estadullos,
paus e fouces
e as mulleres con fouciños.
Eu, que sentín tal burullo,
tirein as zocas chinelas
e para que non me pillaran
deinlles ben sebo ás canelas.
O camiño cheo de pedras,
e eu descalciño
salta de aquí,
salta de alí,
cando cheguein á porta da casa
case ía sen uñas nos pés.
Menos mal que me fixo miña mai
unhas boas sopas,
cantoume corenta en bastos
logo despois vinte en copas.
E meu pai que estaba cerca
para quentarme ben as moas
deume sete bofetadas
e encima de mel filloas.
(E aí vos vai o conto
da miña pretensión.)





BAUTISTA CAMPO CELEIRO






3. CANCIÓN DE LA MI CAYADA






Estando en la mi choza
guardando la Mi Cayada
las ovejas altas iban
y la luna rebajada.
Siete lobos vi venir
por una escura encañada,
echándose a la suerte
para entrar en la majada.
Le tocó a una loba vieja,
cana y coja, toca y parda
que tenía los colmillos
como puntas de navaja
Dió tres vueltas alredor
y no pudo sacar nada.
A la otra vuelta que dio,
sacó la oveja pinta,
nieta de la oveja blanca.
que tenían los mis amos
para el domingo de Pascua.




-”¡Ai, mis siete cachorros
y mi perra trujillana,
si me cobrais la borrega
cenareis leche y hogaza
y si no me la cobrais
cenareis de mi cayada!”
Sete leguas la corrieron
por unas sierras muy agrias
y al llegar a un cotarrito
la loba iba cansada.
-”¡Tomai perro la borrega
sana y salva como estaba!”
-”No queremos la borrega
de tu boca, loba dada,
que queremos tu pellejo
para el pastor la zamarra,
los dientes para cuchillos,
las tripas para abigüelas
para que bailen las damas”.


















SANTIAGO PEREIRAS JURJO






4. LA VALIENTE ISABEL





En Madrid hay una niña
que se llamaba Isabel
y sus padres no le daban
ni por ningún interés.
Ni por dinero que cuenten
tres contadores al mes.
Una noche la jugaron
a la flor del treinta y tres
y le tocó a un guapo mozo,
guapo mozo aragonés.
La montó en el caballo
y con ella en cuatro pies;
en el medio del camino
ya lloraba la Isabel.
-¿Por qué lloras tú, mi vida?
¿Por qué lloras tú, mi bien?
¿O lloras por tus hermanos
que muerte le di a los tres?
¿O lloras por tus padres,
prisioneros los dejé?
-No lloro por mis hermanos,
ni por ningún interés
que lloro por tu puñal
que quiero que me lo des.
-Tú me pides el puñal,
¿no me dices para que es?
-Para cortar una pera
que vengo muerta de sed.
E1 se lo dió al derecho,
y ella lo cogió al revés
y le cortó la cabeza
y se la puso en los pies.
-¡Tú mataste a mis hermanos,
también yo a ti te maté;
ahora vuelvo a mi casa
y a mis padres soltaré!
Aquí se acabó la tinta,
aquí se acabó el papel
y aquí se acabó la historia
de la valiente Isabel.






ANTONINA CAMPO OLMO







5.






En la provincia de Murcia
hay un pueblo muy nombrado
el cual acoge
a todo vecino honrado.
Con su esposa y cuatro hijos
que el cielo le había dado,
de los cuatro dos varones
de doce a catorce años.
La hija mayor tenía
cumplidos dieciseis años.
Rosita era su nombre,
de su juventud encanto,
con sus cabellos de oro
y su cuerpo tan bizarro;
encantaba a los mozos
ese cuerpo resalado.
Pero un chico del pueblo,
de nombre llamado Ricardo,
de ella se ha enamorado.
Una tarde habló con ella,
de casamiento le ha tratado
pero ella muy furiosa
le dice que no y lo ha despreciado.
Pero Ricardo seguía enamorado.
A la mañana siguiente
fue pedirsela a su padre.
Cuando don Bencio abrió la puerta
se le presentó Ricardo:
- ¡Buenos días,
don Venceslao Delgado!
-¡Buenos días;
¿qué traes por aquí, Ricardo?
-Vengo a pediros, señor,
de vuestra hija la mano.
De ella estoy namorado;
tengo mi pecho abrasado,
que ni duermo ni descanso.
Y don Bencio le contesta
con cara de hombre enfadado:
-Puedes volverte a tu casa.
Por hoy no tengo pensado
de dar estado a mi hija
con un labrador del campo.
Ricardo dió la vuelta,
a su casa se ha marchado
con un corazón de tigre
herido como el de un rayo.
se fue pensando entre sí,
para vengar su hazaña.
que era preciso tener
de su parte a la criada.
Se marchó a buscar a Concha
y en efecto la encontró
-que era a criada do ricachón-
en la fuente del jardín
destas palabras le habló:
-Conchita del alma mía,
tú harás lo que yo te mando,
serás mi esposa amada,
estarás bien asistida
y de todos respetada.
No te faltarán doncellas
ni criadas en tu casa.
A las doce de la noche
tendrás las puertas francas
para dar la muerte amarga
a tus amos y criado.
De hecha la ejecución
tú te saldrás gritando:
“¡Auxilios que matan a mis amos!”
y nadie calculará
que tú has hecho tal infamia.
-Si es verdad lo que me dices
y si conmigo te casas,
haré lo que tú me mandes
pero sin faltarte en nada.
A las doce de la noche
tendrás las puertas francas.
Al anochecer
Ricardo se encontraba
en la taberna del pueblo
convidando a sus criados
para ir a la matanza.
Las doce dió el reló
¡oh que hora tan disgraciada
se preparan de cuchillos
y con las caras tapadas!
Hallaron las puertas francas
abiertas por la criada.
La criada los esperaba
con fuerte cuchillo en la mano
para ayudar a la matanza.
Se dirigen a la habitación de Rosita
que en profundo sueño estaba.
Le tiró las mantas de la cama
y el fuerte cuchillo
en el corazón le clava.
Rosita dió un grito
y abriendo los ojos le dice:
-Conchita, ¿por qué me matas?
-¡Cállate bruja;
lo que has hecho con mi novio
sólo con la vida pagas!
Empezaron la matanza
y cuando regresaban en la puerta
la policía los esperaba.
Enterouse a policía ou o sereno
ou alguén os avisara
y alí lles botaron as maus
y a la cárcel los llevaban.
Para el día siguiente con su vida
en el vil garrote pagaban.
(Esta canción improvisoua o cego da casa de Rodrigo. Tocaba o violín e explicaba uns versos cantados e outros en explicación.)








BAUTISTA CAMPO CELEIRO









6. COPLA DE MANUEL GARCÍA





Hoy se ha dado en la manía
de llamarle bandolero,
y por eso mismo quiero
hablar de Manuel García.
Ha robado el primer dia
una gallina y un gallo
pero esto no lo callo:
robó un chivo capón
más tarde robó un lechón
y terminó con un caballo.
Dió un saltito de tapón
ascendiendo a bandolero.
Señores oigan mi canto
que quiero que al cielo suba
que el infeliz murió en Cuba
por los días de su santo.
Cuba: cúbrete de llanto
y lloremos todos juntos
porque yo punto por punto
voy a relatar la historia
que reine en nuestra memoria
que Manuel Vento es difunto.
Una carta recibió
en que le decían: Manuel
si a tu madre quieres ver
ponte en camino veloz,
no tengas cuidado no
que tu asunto está arreglado.
Mucho dinero ha costado
para conseguir tu perdón.
Ven pronto y sin dilación
que anoche lo han confesado.
¡Oh, qué dolor para un hijo
que quiere tanto a su madre
recibir estos pesares
estando en un punto fijo!
A a sus amigos les dijo:
“Caballeros yo me voy,
aquí ni un momento estoy
anque me den cien mil pesos
a dar los últimos versos
dónde está mi madre voy”.
Muy pronto y muy decidido
su pasaporte sacó,
y el infeliz no creyó
que el papel era fingido.
Muchas veces ha cogido
la carta para leer
y sin poder comprender
que aquella falsa sería,
que la letra que veía
era la de su madre igual.
No puede tener perdón
el que hace tal malicia ;
él gozando de delicias
se hallaba en el extranjero
y hoy se encuentra prisionero
en poder de la Justicia.
Apenas el vapor tomó
para Cuba su camino
por un cable submarino
el parte se recibió.
El general ordenó
su prendición al momento
del célebre Manuel Vento
que en dicho vapor venía,
pues con pena y sentimiento
lo prendió la policía.
En el año ochenta y tres
de diciembre veintidós,
el vapor Villa de Breste
con Manuel Vento llegó.
Al momento que fondeó
fue rodeado de Justicia;
a él le faltó malicia
y dice: “Me han entregao”.
Para el vapor han saltado
para pasar la Requisa.
Él por un palo se arría
cual si fuera un marinero;
a la voz de un guadañero
acudió la policía.
El sargento le decía:
-Bájate Manuel Vento,
entrégate Manuel Vento,
si no te entregaremos a picos
y declara Manuel Vento
que te vamos a matar.
-Yo no he sido entregador,
ni lo he pretendido así
ya pueden hacer de mí
lo que les plazca mejor.
A las doce de la noche
lo sacan de la Jefatura
los civiles en un coche
a la infeliz criatura.
-Ya ha llegado el momento
y usted.se puede salvar.
y se puede confesar
declare usted, Manuel Vento.
-Ya he declarado
que yo no he sido entregador,
ni lo he pretendido así,
ya pueden hacer de mí
lo que os plazca mejor.
¡Adiós madre yo ya muero
écheme su bendición!






BAUTISTA CAMPO CELEIRO













7. AS MOZAS DE BUSTOFRÍO





-En la calle de la fuente
hay una hembra
de pesuños rigurosos
y de ojos lagañosos.
Un poco más arriba
vive la Pertenera
que cuando no van dentro
se lo lleva fuera.
Un poco más arriba,
en la calle Triana,
vive Mercedes Parlá
que de contar mentiras
jamás se cansará.
En compañía de ella
hai una señora de grao
que de nombre le hemos puesto
Melindro Pica-pau.
Y siguiendo por la calle Central
donde hay una linda criatura;
los parrafeos que ella gasta
es siempre carreando verdura.
En compañía de ella
hay una señora de contrabando
que de su novio
siempre se está celando.

















Vamos hasta la Puerta del Sol
y allí hay una linda chavala
que por no dejarla sóla
le pondremos de nombre
Baraza de Curriola.
Y de frente,
en un callejón atroz
allí vive
el Cabo Feroz.
Y siguiendo
por la calle de la Bomba
allí vive
la tía Redoma.
Vamos siguiendo
por la calle de la Granja
allí vive Trinidad
en compañía de Rianxa.
Vamos bajando
por la calle del Pilar,
allí vive Pascua Florida
en compañía de Gaspar.
Y vamos bajando
por la calle de Alcalá
alí vive a filla do tío Couso
con aquela perna truá.
(Bautista Campo Celeiro díxonos que seu pai improvisara esta historia ás mozas do lugar de Bustofrío cando era mozo).










BAUTISTA CAMPO CELEIRO





9. O MISTERIOSO E ESTRAÑO ANIMAL





En el pueblo de Paderne
ha sucedido un caso
a Florentina de Barreiro
y a don Jacinto Carballo.
A consecuencia de los trabajos
esta familia estaba sin leña.





Levantouse unha mañá
moi cedo Florentina,
abriu a ventá e estaba nevando.
-Ai, Xacinto querido,
que a fe che está nevando
e nós sen leña;
Levántate e vai á leña!
Tírase Xacinto da cama mui apurado
e mirando para fóra di:
-A onde queres que vaia, carallo,
se hai muita neve
e está nevando?
-Home, vai deica os Caborcos;
a ver se traes unhas muxas
que aínda que caias non te luxas.
Empezou a aparellarse Xacinto
e Florentina non calaba:
-Pero Xacinto vai á leña!
-Boeno, xa que non calas
irei á leña;
pero mentres tanto
que Carmela me faga o caldo.
-Anda Xacinto á leña,
deixa de tanta parola
que cando volvas
hache de estar o caldo
a enfriar na cazola.
Marchou cavilando por onde ir:
-Voume pola Fonte Boa
que a morcilla e as patacas
déronme sede na boca.
Cuando chegou ao Torno
encontrouse cunha fera;
non soubo naquil momento
se era lobo ou pantera.
Como arma non levaba
acordou naquil momento
volver á casa
pola forcada de ferro.
-Ei, coa disposición que levas
inda me has de deixar tempo!
O coello, como tiña a pata pequena,
ía rasgando a neve para ir
buscar auga á fonte.
Bótase Xacinto a brincos
por alí abaixo.
Cando chegou á Penela
co susto que levaba
soltóuselle un peido
que foi soar á Cotela.




Nesto chegou arriba da casa.
-Ai, Florentina!
-Que che pasa Xacinto?
-Encontreime aí no Torno
cunha fera
e non sei se é lobo
ou pantera.
Onde está a forcada de ferro?
-A forcada de ferro
estache no sobreiro.
Ai, Xacinto querido,
vaite con muito cuidado,
que eu voute mandar arresponsar
onda Manoel dos Gueiteiros!
Volveu Xacinto por alí arriba
mui enfainado; cando chegou
estaba bebendo na fonte
aquela rara figura e dixo:
-Cala que coa forcada e cos zocos
logo che hei de quitar a asura.
Púxolle un pé por riba
e cravoulle a forcada.
O bicho empezou a chillar
e Xacinto a berrar.












O rapaz de Miguel
pasaba polo camiño de abaixo
coas vacas a beber.
-Que é o que che pasa Xacinto
que muito ruído fas?
-Ai, sube aquí Miguel,
que fun o home máis valente
de todo Caurel!
Matei unha garduña
cun cascabel!
-Non fagas tal Xacinto
que é o furón dos coellos
que perderon onte
os cazadores do Incio!
Cuando chegou alí Miguel
tíñao mangado na forcada.
-Que fixeches Xacinto;
heite levar ó xulgado!
É o furón dos coellos
que me deixaron
os cazadores encargado.
-Cala Miguel,
non me leves ao xulgado;
vamos onda Florentina
que este asunto
hai que arranxalo.
Baixaron onda Florentina
que estaba na aira.
-Ai, Florentina querida,
mira que bicho aquí traio!
Miguel di que é
un furón dos coellos
e eu digo que é garduña.
Florentina colleuo ás maus,
estívoo examinando e dixo:
-Ata vos será garduña
porque ten o fucín delgado
e nas patas ten uñas.
De alí baixaron ata a porta de Peral.
A señora de Peral
é unha señora amañada,
sacoulle o cascabel
para chamar o home á cama.
Chamou ao rapaz de Chaos
que é un chico estudiado
e díxolle a Xacinto:
-Donche vinte pesos por il,
Xacinto.
-Douche o carallo!
que se o levo a Rubián
danme para un cocho cebado.
De alí veu o can de Fidalgo
e marchou con il
na boca para o pendello
que era sitio máis abrigado.
Logo saíu Manuel
e viuno no pendello.
-Quen te trouxo aquí
condenado?
Deulle unha patada cun zoco;
logo detrás sae Milia
cunha taza de caldo quente
para quentarlle o ventre.
Detrás saíu Marina
e deulle unha aspirina.
Marcha o can de Fidalgo
con il ata o Quintairo.
Alí xúntase todo o pobo:
un que era coello,
o outro que furón,
o outro que garduña.
Florentina tiña que marchar para a casa
e díxolle a Xacinto:
-Que non ten engañen
que che é unha garduña!!!
Mándalla a José de Foxo
á Coruña;
mira que non che ha de pesar
porque che poden dar
para a cortiña que vende
Manuel de Peral.
Se che quedan unhas perras
gárdaas con muita cautela
para poñerlle manicura
e permanente a Carmela.
Nesto estaba todo o público
con muito rumor
e o bicho entrega
su alma al Señor.





ENGADIDO POSTERIOR
Xacinto e Florentina
casáronse na Habana;
de tres días casados
perdeuse Xacinto
Florentina andaba desesperada
buscando nas calles da Habana.
Encontrouse con Manuel de Locai.
-Ai, Locai querido,
desesperada che ando!
-E logo que che pasa Florentina?
-Mira, caseime con Xacinto
e de tres días casado perdeuse.
Agora estouno buscando.
Venme axudar a buscalo.
-Pero non te apures, muller;
ten que aparecer
e se non aparece
igual seguimos eu e tu
coa luna de miel.
-Non che pode ser,
axúdame a buscalo.
Bótanse por unha rúa arriba.
Logo atopan a Xacinto
no cimo dun camión vello sen freos.
Para paralo tiña que guialo a unha árbore;
como árbore alí non había
guiouno para unha droguería.
Xacinto agarrado ao volante
e o camión pola droguería adiante!!!
Sae o dono da droguería e di:
-Ei ladrón,
que te vou mandar prender!
Xacinto que aquelo viu
tirouse do camión
dando zapatilla e chancleta
e di:
-Ei me van os cartiños
que gañei cos bois e coa carreta!






(O autor é JOSÉ AIRA POMBO. O “Engadido posterior” é a continuación que o autor lle fixo ao romance anos despois da súa creación.







ROMANCES DE REIS
1.
-Madre, a la puerta está un niño
más hermoso que el sol vello
y dice que tiene frío,
el pobrecito está en cueros.
-Anda, dile que entre,
se calientará
anque en este pueblo
no hay caridá.
Entra el Niño y se sienta
y mientras se calientaba
le perguntó la patrona
de qué pueblo,
de qué patria.
E1 Niño contesta:
-Yo soy de Belén,
mi padre y mi madre
de Jerusalén.
-Hácese la cena al Niño
hácesela con primor.
Estando la cena hecha
el Niño dio en llorar.
-¿Por qué lloras tú buen Niño
viendo la cena que hay?
-Mi madre de pena,
no podrá comer
por no tener gana
o por no tener.
Hácese la cama al Niño
hácesela con primor
-Señora no quiero cama
que mi cama es un rincón.
mi cama es el suelo,
desde que nací
hasta que en cruz muera
ha de ser así.
A la mañana siguiente
el Niño se despidió:
-Quédese con Dios señora,
usted se quede con Dios.
Yo me voy al Templo
allí es mi casa,
donde todos entran
a darse las gracias.
-Vete con Dios Niño hermoso,
de ti quedo enemorada,
Dios quiera que allí la encuentres
a tu madre soberana,
y si no la encuentras
vuélvete a mi casa.
-Ya volveré señora,
a darle las gracias.
La Virgen busca su Niño
por las calles y las plazas
a todos cuantos se encuentra
por su Niño perguntaba:
-¿Habéis visto un niño
el sol de los soles
que alumbre a los cielos
con con sus resplandores?
-Por aquí pasó ese Niño,
según las señas que dais
y al templo se dirigió
id a ver si lo encontrais.
Y vaya que ese Niño
no habían engañado
en el cielo estean
sus almas descansando.





ANTONINA CAMPO OLMO





2.
A Virxe e San Xosé
ían a unha romaría
y al llegar a Belén
toda la gente dormía.
-Abre las puertas, portero,
a San José y a María.
-Estas puertas no se abren
hasta que amanezca el día.
Se fueron a garecer
a un portalito que había
y entre la mula y el buey
nació el hijo de María.
La mulita escociaba
y además su buey la lambía.
-Maldito sea tal res
que no quereis compañía,
ni con el hijo de Dios
ni con la hermosa María.





Segundo o informante, SANTIAGO PEREIRAS JURJO, desde aquela, e como castigo divino, as mulas non poden parir.

4.
Aiquí vimos os dos reis
dispostos para cantar,
se vostedes nos dan permiso
ir imos comenzar.
Angelitos somos,
del cielo venimos,
bolsillos traemos,
dinero pedimos.
Vai o amo á naveta
a nos traguer as pesetas,
vaia a ama ao canizo
vainos traguer os chourizos.
Angelitos somos,
del cielo venimos
bolsillos traemos,
primero pedimos.
La Virgen y San José
hacia Belén se encaminan,
nel camino de Belén
una estrella que los guía.
De llegado a Belén
la estrella se escondía.
No perguntan por posada
y menos por compañía
que perguntan por los reyes
los reyes de Monerquía.
Acabouse, acabouse
isto que vai de alegría,
acabouse, acabouse
viva la Virgen María.
Quédense con Dios, señores,
nos vamos a retirar,
quiera Dios que de hoy en un año
los volvamos vesitar.
- Angelitos somos,
del cielo venimos,
bolsillos traemos,
dinero pedimos.





BAUTISTA CAMPO CELEIRO






3- CONTOS





Facemos unha sinxela clasificación agrupándoos segundo a súa temática en Contos de animais, Contos sentenciosos e Contos marabillosos. Xa que moitos destes contos chegaron a nós sen título tomámo-la licencia de engadirlles un.

CONTOS DE ANIMAIS











1. A OVELLA DE CASELO





Na cabana do Carrozo pariu alí unha añiña. Chegou o lobo e dixo:
- Vonvos comer!!!
- Oíu señor, déixenos ir mexar detrás daquela parede que despois vimos e cómenos ás dúas.
- Pois, ide.








E logo despois botáronse a correr, corre, corre, corre...pero o lobo viu que tardaban e... foi mirar e botouse a andar e viu aí nas Forcadas de García unha pega que estaba pelando folla no bico dun freixo ... e díxolle:
- ”Señorita que estás en alto coche,
Viu pasar por aquí a andarín e e a andaroche?”
- ”Tarde vienes a buscar
que en la villa van a entrar”.
E xa as ovellas estaban en Bustofrío. Botouse a andar pero unha muller que había na casa de Caselo, que lle chamaban Xatrudes abriu a ventana e viu:
- Ai, donde está a ovella cunha añiña!
Baixou a escape e meteuas pero despois chegou o lobo a trala porta e díxolle, díxolle a ovella vella:
- “Aínda que son vella e arnela,
deille ben á canela!”
E a nova:
-”Aínda que son nova e piquiniña,
deille ben á patiquiña!”
E el:
-”Aínda que son vello e arnelón,
deille ben ao canelón!”




ANTONINA CAMPO OLMO

CONTOS MARABILLOSOS




1. O GRAN DUQUE




Era o gran duque que tiña, vivía nun castelo, e tiña un fillo que se chamaba Iván e deixou un, un fulano, o maiordomo, que tiña unha servidume. Era moi boa persona e queríano muito. E deixou un que lle chamaban Vladimir pero o disgraciado ó morrer na guerra o Gran Duque il tiña un neno tamén do mesmo e xa lle puxo Iván, como do duque e fixo... Un día cóllese o neno do Gran Duque e levouo ó monte e deixou elí ó neno e quedaba chorando o pobriño esí, chorando, pero despois, el marchou, escapou con, cos cais que tiraban por un carro e marchou. E despois chegou á casa ia muller reprochoulle e faloulle mui, mui mal e dicíalle il:
- ¡Cállate que ahora nuestro, nuestro Iván va a ser un personaje eí en el castillo!
E ela, e ela díxolle:
- ¿De qué me sirve llevar a mi hijo al castillo y quedarme sin él? ¡Eso no lo debistes hacer!












E el claro, dáballe lástima tamén o neno e ... Nesto presentáronselle así dous lobos ó neno, aquil Iván que era o fillo do Gran Duque e a escape baixou así coma unha estrela e dilles si, que era a Fada Madriña, e dilles:
-¡Apartaivos aí deste niño que está bajo mi protección! ¡Al bosque y hallareis allí comida!.
Ben, ela xa, a Fada Madriña xa protexeu o pequeno sempre, pero il, o outro, levárono ó castelo pero, xa, xa, xa .non o querían nada de gana porque dicían que non se parecía nada ó pai, que o pai que era mui bondadoso, que protexía a todo o mundo, e aquil que era un soberbio, mui malo. Entón, un día, levantouse e foise pór ao redor do castelo e di, di:
-Me, me voy a pasear porque está un día bueno iel calor...
Pero presentóuselle unha vella cun páxaro esí e dille, dille:
-¿A dónde andas?
-Vengo a pasear por aquí.(Todo soberbio)
E di:
-¿Cómo se llama ese pájaro?
E dille:
-Iván.
-¿Te estás burlando de mi, vieja charlatana?
-Iván soy yo. ¿Por qué se llama Iván?
E, e, o pai xa lle puxera o colar do pequeno, do fillo do Gran Duque, o colar, e, entón dille:
-Pues para saber como se llama pon ese collar aquí en el cuello del pájaro.
Di:
-Bueno, hoy me he levantado de buen humor.
E púxolle o colar no pescozo ao páxaro e o páxaro converteuse no fillo do, do Gran Duque. E entón lévano ó castelo. Entón todo o mundo, a servidume:
-¡Sí, este es el hijo del Gran Duque!
Entón dicían que darlle un castigo ao outro, ao falso Gran Duque, ao fillo falso do Gran Duque. Iel dixo, que era bueno, que no, que se fuese, que el no sabía nada, que no tenía culpa de lo que había hecho su padre.
E entón seu pai como viu aquelo desapareceu unha noite na estepa e devorárono os lobos. Como quería que devorasen o fillo do Gran Duque.

ANTONINA CAMPO OLMO








2. O OSO ENCANTADO



O oso encantado que o encantara un anano. E foise unha noite e petou nunha porta para quentarse, que nevara e si, había dúas: a mai e dúas fillas, unha Blanca e outra Nieves. E entón entrou e di que se quentou e cagaba peidos de, de como estaba frío e todo eso, pero ben.
Un día as fillas saíron por alí e, foron andando, andando de paseo e viron, viron na porta dunha cova un enano pero tiña... ¡Ui, o tesouro que alí tiña estendido! Ben, (mentiras) pero tiña un tesouro grandísimo e di, estiveron as fillas, aquelas rapazas mirándolle e di; e o anano na porta da cova e di:
-¡Saíde de aí, par de papanatas! ¿O vos cobiciais de mi riqueza? ¡Largai de aí!
Pero elas marcharon rindo, non lle fixeron caso e marcharon rindo. Pero dentro de nada chegou o oso que está co enano. Tiña encantado en oso e entón xa, o anano quíxose escapar para meterse na cova, pero o oso trancoulle a cova e deulle, deu­lle, e di:
-Señor oso, señor oso, no me comais, no me comais; no me mateis. Mi carne vieja y blanducha no es digna de vosotros. Ved a vuestro alcance que aí van dos señoritas. ¡Que rico bocado, señor oso!
O oso non fixo máis que darlle unha patada . Matou o anano e nisto berrou polas dúas que o protexeran tamén sempre na casa:
- ¡Blanca, Flor!
E ao chegar onda el desprendéuselle a piel do oso e quedou nun príncipe e volveu recoller o tesouro, o tesouro que tiña o anano (así se preparan os contos) e levaron o tesouro e entón el casou, o príncipe casou cunha delas e o irmau ca outra.




ANTONINA CAMPO OLMO





3. A BOLBORETA GRIS




Era unha nena que se chamaba Carolina e o pai éralle carpinteiro. Entón estaba carpentando, a pequena foi así alí xunto a unhas pedras e sentouse e por baixo había unha víbora. E a bolboretiñ revoloteaba, revoloteaba por un lado e polo outro e resulta que despois foi ata onde estaba o pai da Carolina carpentando e:
-Pero que quere esta bolboreta?, Que?
Saíu e viu que a pequena estaba sentada nunha pedra e levantou a pequena e debaixo unha víbora. Ben, resulta que despois enfermouse, o carpinteiro enfermouse e un día chegou por alí unha Fada Madriña, e resulta que... pediulle, dixo que se a deixaba entrar. Estaba a pequena, a chavaliña, estaba chorando na porta polo pai e di:
-Si, entre, señora, entre. Le daremos un plato de sopa y se calentará muy bien aquí.







Pero para o outro día díxolle a vella aquela, di:
-Carolina, ¿qué tenías, que, por qué llorabas?
Di:
-Es que está mi padre muy enfermo y no sabemos cómo curarlo.
-Bueno, pues mira, te lo voy a dicir:
Agarrou, traguía unha pañueleta así e púxolla no pescozo á Carolina. Di:
-Vas a Tierras Lejanas donde hai el Pájaro, pero no tienes que hacer caso a nadie ¡eh!, seguir el camino que yo te digo,que es el Pájaro Maravilloso. Y entonces traerás las plumas y le pondrás alredor del cuello y tu padre se curará.
Pero claro, tiña, tivo muitas, foi andando e encontrou un vello e di:
-¿Onde vas Carolina?
-Voy buscar las plumas, del Pájaro Maravilloso que hará la salud de mi padre.
Pero ela deulle de comer que estaba moi desfalecido. E o pobre home ao comer a comida quedouse así e di..., pero ela foi tan bondadosa, sacou a chaqueta e tapouo e despois xa lle pasou, pa­soulle. E di:
-Bueno, ¿a dónde vas Carolina?
-Voy a Tierras Lejanas, muy lejanas, buscar la pluma del Pájaro Maravilloso que dará la salud a mi padre.
-¡Que Dios te proteja!
Foi andando, foi andando pero levaba nun cesto panecillos e mazás e chegou a un sitio que xa estaba anoitecendo. E oíu así por arriba:
-¿Qué llevas en ese canastro?
- Panecillos y manzanas.
-Tenemos hambre. Danos de comer.
-Pues bajai.
E deulles aos dous paxaros, esmigoulles un panecillo e esmigoulles uns anaquiños de mazá e comeron. Di:
-Bueno, pues mira: ahora te duermes hasta el alba que nosotros te protegeremos. Ya te despertaremos nosotros.
E alí, cando era xa día, empezaron a cantar, a cantar e Carolina arriba. Despois foi andando, andando, andando outra vez e atopouse cunha, coa Princesa Doralinda que estaba arrestada porque o pai fixera un festexo no castelo e non a invitara, e estaba arrestada a estar fóra do castelo polo mago Chucubú ata que chegase unha que se encontrara, que fose, que dixese que era menos linda, menos guapa cá Princesa. E foi cuando, foi andando e encontrouse e di:
-¿A dónde vas Carolina?
-Voy buscar la pluma del Pájaro Maravilloso que dará la salud de mi padre.
-Si te casaras con este hombre, con el señor de este castillo, te lo curaría.
Di:
-La propuesta está bien, pero sigo mi camino.
E entón dille a Princesa, dille:
-Bueno, cruzas por el puente grande, que se cruzas por el pequeño la que, la que se quiera hacer más guapa que 1a princesa Doralinda, el puente pequeño se hundirá.
Entón ela, como non quixo, non quixo, non era guapa, nin quixo ser, ter a pretensión de ser guapa coma a princesa Doralinda, dille:
-Pues a mi paso el puente quedará intacto.
Entón, no momento en que pasou abríronselle as portas da princesa Doralinda e correu a abrazar a Carolina, e di:
-Gracias Carolina. te has salvado a ti y me has salvado a mí.
E foi andando ata que chegou a un sitio que viu o Páxaro e o Páxaro coma a bolboretiñz, ía sempre costante, constante, constante, onde ía pero Carolina non a vía. Pero foi e cuando viu o Páxaro, entón o Páxaro quixo atacala, atacar a bolboreta para comer a bolboreta, pero ela sacou a pañueleta que era máxica, deulle ao páxaro e soltoulle as plumas, e a bolboretaa converteuse en Príncipe, que era unha bolboretiña pero estaba encantada en Príncipe. E resulta que despois quedou en Príncipe, e alí xa volveron á terra de, do pai, volveron os dous. E el Príncipe púxolle as plumas segundo lle dixera a Fada e o pai curouse . E el despois casou con Carolina.

ANTONINA CAMPO OLMO









4-LENDAS




Son as lendas haxiográficas, referidas á vida dos santos, as que predominan, aínda que o mundo dos mouros tampouco lles é descoñecido ós nosos informantes.




1. A SABELIÑA DE RESCO




Resulta que a mai chamábase Bibiana e o pai Tomé, tío Tomé. Mandaron a nena cos cochos para o Golado e foi e estaba a raíña moura na Pena de Su Castelo. Peiteouna mui ben e todo iso. Pero despois, cuando ía virse deulle, dixo:
-Toma, leva isto e... non mires, eh, ata que chegues á casa! .
E ela, no calexón da fonte mirou e, dixo:
-Isto son carbois!
Pero a raíña moura estívoa velando.
E tirouos.
E despois para o outro día volveu e foi a raíña moura e díxolle:
- Heinte peitear!
Espetoulle os dentes do peine na cabeza e deixoua morta, e alí tiña un caldeiro fervendo de aceite e tiroua ao caldeiro de aceite e alí berráballe a mai:
-Sabeliña, Sabeliña!
E ela, (a raíña moura):
-Nin Sabeliña, nin Sabelón,
está fervendo no caldeirón!
E botáronse a todo mecha, a todo mecha, entre o pai ia mai da Sabeliña pero Sabeliña xa estaba fervendo no caldeirón. A raíña moura desapareceu por un buraco da pena e ata hoxe non volveu aparecer.




ANTONINA CAMPO OLMO

5-ADIVIÑAS




Bestia de ferro
albarda de liño
tiza que tiza
cun carabulliño.
-O candil.




Garipé de dous pés
vai tornar a garipé de cuatro pés
que come a garipé dun pé.
-Home,cabra, chanteiro.



De balado en balado
un boi esbarrigado.
-O pan na artesa.



Dous peludos e un pelado
unha agulliña e un calcarrabos.
-Os bois, o arado, o home e a aguillada.



Unha señora mui aseñorada
sen un remendo nin unha puntada.
-A pita.



De buraco en buraco
coas tripas arrastro.
-A agulla co fío.



Alto me veo
en mi capeleo
venga quien venga
de aquí no me apeo.
Si me dá unha risa
de min non queda nada.
-O orizo e as castañas.



Hai unha vella cun dente
que chama a toda a súa xente.
-A campá.



Cuatro gatos nun balcón,
cada gato mira a tres,
¿cuánta gatería es?
-Catro gatos.



Subín á pereira,
tiña tres peras;
nin peras comín
nin peras baixei
nin á pereira lle quedaron peras.
-Había tres peras, come unha, baixa unha e deixa unha.



Tortomico non ten cara,
nin cu nin pico
e os fillos de Tortomico
tein cara cu e pico.
-O ovo.



Hai un señor cun anillo
que non perde un grao de millo.
-O porco.



ANTONINA CAMPO OLMO



¿Que será unha cousiña cousa
grande como unha lousa
e que non cabe nunha chousa?
-A lúa.







Catro cichafontes,
dous turuluros
e un dálle-dálle.
-Os tetos da vaca, os cornos e o rabo.



Virgo con virgo,
pelo con pelo,
vamos á cama,
facer aquelo.
-Dormir.



Pelo por dentro,
pelo por fóra,
requicha la pierna
y métela dentro.
-A media que se pon na perna.



MARILUZ PÉREZ CAMPO



Soy redondo como el mundo,
sin mi no puede haber Dios,
Papas y cardenales sí
pero moneguillos no.
-O “o”.



SANTIAGO PEREIRAS JURJO