jueves, 6 de noviembre de 2008

Significado e historia de Bustofrío

Sobre etimoloxía ou significado de Bustofrío hai diversas opinións. O investigador Cabeza Quiles di que procede da palabra latina busto "sitio onde pacía o gando". O padre Sarmiento sostiña que busto era unha derivación do vocábulo latino bos "boi". Polo tanto, o significado viría a ser "extensión de terreo destinada ao pasto do gando", como sostén Antonio Díaz Fuentes na obra Toponimia de la comarca de Sarria.
Nun documento do ano 878 aparece mencionado como BUSTUM FRIGIDUM e noutro documento datado no 3 de decembro do ano 909 como BUSTUM FRIDUM, segundo as investigacións de Lucas Álvarez.
Mais xunto á etimoloxía culta atópase a popular. Así, Santiago Pereiras Jurjo, Santiago do Redondo, relatounos a seguinte historia: Nunha ocasión houbo un crime no lugar no mes de decembro. Deu en nevar moito e como non se podía pasar Aira Padrón para ir buscar a xustiza acordaron enterrar a vítima na Aira de Riba pero deixándolle a cara descuberta. Días máis tarde, cando xa puido pasar a xustiza, ao examinar o cadáver alguén exclamou ao tocarlle na cara "Ten o busto frío".

1 comentario:

Elena dijo...

No dejo de aprender nuevas cosas contigo. Esta lectura me ha recordado a alguna de tus clases. Espero que sigas escribiendo. Yo intentaré pasarme de vez en cuando.